DESEQILIBRIO MENTAL
Agosto 23rd, 2011
Fixémoslle onte á noite unha visita ós nosos amighiños DESEQILIBRIO MENTAL (con q e sen u)
…
Alí estivemos escoitándolle o ensaio do seu directaso e de paso algunha peza nova que mooooito nos prestou
.
Tamén lle sacamos unha foto, botamos unas parrafadas con eles, bebemos uns refrixerios, rimos a cachón e pasamos co coche pola Casalonga … ah!! e tamén demos un paseo para que nos dera o aire de Cornide
¡!!
DESEQUILIBRIO MENTAL MOLAN ¡!
enorme Sauga Folk !!
Agosto 21st, 2011
Pois aquí estamos de volta despois dunha finde ben intensa por terras de Cantabria.
Recén chegados despois dunha boa furgonetada e botando por fóra lembrando un feixazo de bos e inesquecibles momentos.
E temos que darlle unhas infinitas grazas á xente do Sauga por contar con nós para tan emblemático festival e tamén por tratarnos tan ben, darnos tantos folgos e crer tanto en nós
.
A verdade é que este verán está sendo moi especial para nós e no Sauga Folk, en Colindres, cando escoitamos a un montón de xente que vive a tropecentos kilómetros de Aríns cantando as nosas cancións pois xa podedes imaxinar a cara que se nos quedou
.
Enorme xente !! Enorme Colindres !! Enorme Cantabria !! Enorme Sauga Folk ¡!
Nin a choiva poido con vós
!
O mundo e dos bos e xenerosos ¡!
Continuaremos a compartir vida e a compartir emocións ¡!!
Grzs infinitas irmáns e forza para que polo menos sexan outras XVII edicións ¡!
SAUGA FOLK
Agosto 18th, 2011
Este sábado día 20 de agosto tocamos en Colindres (Cantabria) na XVII edición do mítico e espectacular SAUGA FOLK …
Se vos pilla preto animádevos
a disfrutar dun cartelazo de primeira, dos ruxe e dun anaco do mundo ben fermoso, máxico e cheo de encanto !!
alí vos agardamos xente !!!
ARINS EN FESTAS !!!
Agosto 15th, 2011
veeeña
Para que ninguén se sinta molesto pola nosa opinión sobre Europe !!! non decimos nada e andando
…..
E por certo, aquí vos deixamos o cartaz das festas de Aríns …
… a ver cando en Aríns se animan a facer un festival ? carallo ¡ !
Nós obviamente non queremos tocar alí que xa bastante fan con aturarnos ao longo de todos estos anos
pero si que estamos dispostos a botar unha man na organización ou no que faga falta ¡!!
E que ninghén se meta con Aríns eh ¡!
Aríns mola ¡!
Carallo ¡! que festasas
GRZS BRINCADEIRA !!!
Agosto 13th, 2011
Ostras ¡!! Vaia festón que se montou no Brincadeira ¡!!
Menudo alucine ver aquela carpa de circo chea ata a bandeira ás 4 da mañán
Dámosvos as grzs a tod@s e cada un/unha de vós por compartir con nós unha desas noites máxicas que quedarán marcadas a ferro e lume no noso sistema emocional para sempre
Foi espectacular tervos alí dándonos folgos e enerxía ¡!!
Menuda honra ¡!
Grzs xente … grzs Brincadeira ¡!!
Francamente noites como a de onte deixannos emocionados e sen palabras ¡!!
Continuaremos na loita
… con noites así vaia se continuaremos ¡!!
SEMPRE ADIANTE ¡!!!
BRINCADEIRA !!!!
Agosto 10th, 2011
TRIUNFAMOS !!
Agosto 10th, 2011
Triunfar é lograr facer o que queremos e como nós queremos. Disfrutar de cada minuto envoltos en paz e felicidade. Trazar liñas e mapas cara un tempo sempre mellor. Chegar raudos e fascinados cada día á nosa cita na hora do recreo. Triunfar é compartir ese sorriso que nunca nos cabe naquelas catro paredes.
Levou tempo pero xa podemos decir que triunfamos.
LUBIÁN
Agosto 8th, 2011
Que bo o Festival Folk & Rock das Portelas en Lubián (Zamora).
Lubián é francamente espectacular. Un anaco de paraíso e ademais un reducto do galego. Canto presta escoitar ese galego con ese sotaque por aquelas terras. E como presta o verde, a pedra e a auga que nace en cada curruncho. Un PARAÍSO !!
….
Parabéns polo festival amigh@s e grzs pola vosa hospitalidade e trato. O mundo é dos bos e xenerosos. Estamos en débedas con vós. Foi unha finde inesquecible que vai direitiña para o caixón dos días felices
.
En canto ó concerto decir que estivemos caralludos … aínda que non quede ben que o digamos nós
… e o pogo que se montou diante do palco … mi madriña !!! …
grande Lubián, grande terra, grande xente !!!
ruxe-ruxe en Lubián (Zamora)!!!!
Agosto 4th, 2011
O concerto previsto para o venres 5 no Milladoiro (Ames) está suspendido por parte do Concello. Agardamos que pronto se nos comunique unha nova data onde celebralo.
……….
Daquela para vernos en directo nesta finde invitámosvos a que veñades a acompañarnos a LUBIÁN onde tocaremos o próximo sábado 6 na compaña de Brañas Folk no VII Festival Folk&Rock nas Portelas na praza da Horta dos curas de Lubián (Zamora) …
… e así de paso que disfrutades da música tamén disfrutades dese anaquiño de paraíso que tan ben se conserva alí naquelas terras
… espectacular !!!!
alí vos agardamos !!!!
saúde a esgalla para tod@s !!
RUXE EN ANTROSPINOS
Xullo 30th, 2011
Foi unha fermosa noite. Ubicación perfecta. Pinos e arrencendo a mar Rianxeiro. Equip@ de son excelente. Organización e producción de luxo.
ANTROSPINOS xa é por mérito propio unha das grandes citas do verán musical do país e abofé que a cousa aínda irá a moito máis
tendo en conta a calidade persoal da xente que traballa detrás do festival. Grzs a tod@s e cada un de vós por argallar tremendo evento e tremenda festa para compartir con tod@s nós.O mundo e dos bos e xenerosos
Unha noite chea de amizade, de música e de enerxías positivas a eito.
E Che Sudaka inmensos. E os nosos irmáns ULTRAQANS absolutamente espectaculares e soando a deus bendito. E os tamén irmanciños DZ selectors poñendo pementa á estrelada noite en Taragoña e picando discos e zarandeando en tod@s nós para que ninguén se durmira ate que o sol alumeara.
E o Leo e o Markinhos compartindo con nós a Porca Miseria … e tod@s @s que alí estivestes bourando, suando e berrando con nós … GRZS sentidas e enormes !!!
… vémonos polo mundo adiante !!! non nos faltedes nunca !!!
1000 anos máis de festa para o ANTROSPINOS !!!
AAAAAAAAANTROSPINOS !!
Xullo 28th, 2011
ANTROSPINOS !!
Xullo 28th, 2011
DOOOOOOOOOORNA !!!
Xullo 25th, 2011
Xa temos un novo obxetivo como grupo: tocar outra vez na festa da Dorna en Ribeira … queremos ir todiños os anos
aínda que nos deixedes sen saúde ninghunha … mi madriña seica aí non se durme nunca ?
feeeeeestasa do millón !!
e a xente do Barbanza GHRAAAAAANDE é auténtica !!
menudo luxazo compartir vida con tod@s vos !! … estamos emocionados !!
e o venres vémonos no ANTROSPINOS en Taragoña que menuda se vai montar alí tamén … estamos collendo forzas que polo que se vé
boa falta van facer … inda ides acabar con nós
!!!
ETERNA e SINCEIRAMENTE AGHRADECIDOS DORNA !!
XIGANTES !
Xullo 23rd, 2011
Marchamos mañán (domingo 24) a compartir festa c@s Dorneir@s de Ribeira …
E falamos dunha das festas das festas
… o que tal se monta arredores da Dorna somentes o sabe a xente que caeu por alí a alucinar e disfrutar dese tremendo equinosio, que diría un ghrande músico e ghrande persoa daquelas terras
…
Así que aí che estamos, agardando que chegue o domingo canto antes e poñendo todo a punto para ese concerto no que ademais estaremos compartindo escenario con Costas, o mellor cantante do mundo
…
Daquela aló lle estivemos ensaiando o repertorio onte pola noitiña entre tróspiros, bombóns e unha tarta ben rica que trouxo Elsa. E tocámoslle o “cumpleanos feliz” a Mónika (culpable dos tróspiros e os bombóns
), e botamos uns cantos demonios fóra, e rimos, e compartimos enerxía positiva a eito …
Un día falaremos neste cortelho desa sensación de facer o mellor ensaio do grupo dende que existimos. Pásanos unha vez cada certo tempo, disfrutámolo como se estivésemos tolos, coas mentes en branco e a enerxía campando ó seu antoxo polas nosas ialmas e os nosos corpos … e despois sempre temos a sensación de que vai ser dificilísimo de superar
… o de onte está entre os primeiros pero abofé que o superaremos
¡!!
Tamén tivemos unha pequena mala nova arredores da saúde do máis grande dos grandes … que nos escoita todas as noites e nos apoia eterna e incondicionalmente dende que o grupo existe … pero somentes foi un pequeniño susto e xa todo volta a estar no seu sitio … que é o sitio no que ten que estar
¡!! Fooooooooooooooooorza ¡!!
…..
E sí !! grazas compañeir@s … sodes fodidamente grandes … dende este curruncho aínda non sabedes ben o xigantes que se vos vé !
……….
Estamos preparad@s … agárdanos a Dorna !
PUNKI PRECOZ
Xullo 17th, 2011
O outro día cóntame o cantante dunha banda punk que está a arrasar
:
Oxtia ¡! Eu cando tiña dez anos era fan dos ruxe. Aínda gardo aquel disco da portada amarela co centolo chantado no medio e que foi para mín a primeira música á que lle fixen caso na miña vida.
Eu contesteille: Cagondiola, ves? xa comezamos a ser uns puretas.
E dí el: que carallo puretas o que pasa é que eu fun un punki precoz
Mira ti que cousas ¡!
lástima de bois
Xullo 13th, 2011
O rock galego lévase mal coa administración.
Mellor así.
É máis, se por nós fose, dende a administración non se debería soltar un pavo para ningunha actuación de ningún grupo.
A administración debería de gastar todos os seus recursos e “esforzos” en promocionar, convencer, difundir e espertar @s galeg@s para que realmente se sintan atraídos pola nosa música … e despois que cada grupo recolla o que sementa.
Pero unha vez postos a pagar cachés a grupos a pregunta cae de caixón: por qué ese «apoio» non se reparte de maneira maís ecuánime ? … por non decir que @s escollid@s son practica e sospeitosamente sempre os mesmos …
Como é posible que no ciclo “Galicia é música” con cachés pagados polo Agadic non se trate de maneira xusta e igual a todas as propostas do país?
Por qué dende Agadic semella que se fan tratos de favor a determinadas propostas?
Por qué tanto empeño en “vender” a uns e ignorar a outros cando esa non é a súa función?
Por qué hai grupos (
) que teñen unha ducia de bolos no eido dos festis autoxestionados e resulta que nos que anda Agadic polo medio non despertan ningún interés para ser contratados? (esa «falta de interés» foi a resposta cando directamente lle preguntamos) … que por certo, tamén é curioso ver como algunha proposta musical das «seleccionadas» os únicos bolos que van ter este verán son os pagados por Agadic.
ai mi madriña !!.
Non poderemos cambiar nada pero polo menos que conste en acta que non somos gilipollas …
Agora pagémoslle viaxes, bolos e produccións ós de sempre … non vos preocupedes que os demais estaremos calados.
E chamémoslle industria galega así cun par de collóns ben grandes.
Non hai problema ! grupos como ruxe-ruxe seguiremos adiante, pagaremos os nosos discos, venderémolos e continuaremos tocando nos festivais de verdade, nos que se loita pola música, nos que hai cultura … nos que hai xente e país.
O demais non deixa de ser unha carallada para foderlle cartos a administración …
… e sí, non teñades dúbida, que se podemos foderlle algúns alí estaremos
.
Lástima de bois ¡!
Rock and roll
Xullo 5th, 2011
macacos !!
Xullo 5th, 2011
que país !!!
Xullo 4th, 2011
Miramos con asombro o cartaz do Festigal deste ano.
O cartaz caralludo en canto a escolla de moi boas propostas de música do país … pero ficamos flipando cando unha vez máis dende o propio país se lle dá máis categoría ás propostas que chegan de fóra que ás nosas propias.
No cartaz en letras máis grandes e rechamantes que as das nosas bandas aparece o nome dun grupo portugués.
E nós preguntámonos:
Vai ir máis xente ao Festigal a ver á banda portuguesa que, por exemplo, aos Dios que te Crew?
Ten máis categoría a banda portuguesa que as galegas?
É esa «moda» nacionalista de extra-valorar todo o que chega de Portugal por riba de todo (xa postos que traian a Boikot que son fodidamente boísimos e que os poñan ben en grande)
Ten que ver con ese chisco de autoodio galego para valorar máis o de fóra que o de dentro?
Ou simplesmente é falta de sensibilidade coa nosa música e a nosa cultura?
Haberá a quen lle pareza unha tontería o tamaño das letras pero dende logo que é moi significativo do trato que se lle dá ás nosas músicas neste noso país de cristo …
E se o fan os que son “militantes do noso” (aínda que despois, salvo excepcións, non se lles vexa o pelo no resto do ano nos concertos de grupos do país … pero esa xa é outra historia) … que non farán os outros ¡
… mi madriña ¡
ESPECTACULAR SONS DA LAMEIRA
Xullo 3rd, 2011
Espectacular o SONS DA LAMEIRA en MATAMÁ.
Parabéns ó colectivo MALAHERBA por traballar e apostar por facer un festival que medra dende a autoxestión total. Cartelazo, organización, producción … todo de dez.
E enriba con tremendo éxito de público … cheo de bo rollo, de paz, de festa, de ilusión e de ganas de compartir.
Menudo exemplo de cómo facer un festival e de cómo ter acendida a chama da cultura e da música do país.
Outro mundo é posible con xente así polo camiño.
E as bandas todas tamén espectaculares repartindo enerxía e calidade a eito. TODAS TODAS ¡
…..
E pola parte que nos toca e falando de familia
… outra vez grande tarde-noite compartindo tempo, palabras, risas, emocións, alimentos e músicas c@s nos@s irmanciñ@s MEDOMEDÁ que unha vez máis nos cargaron de enerxía positiva e felicidade a esgalla … ademais do menudo concertazo que despois nos deron
¡!!
Outra experiencia para gardar no caixón dos días felices ¡!
GRANDE SONS DA LAMEIRA – GRANDE MATAMÁ !
ORGHULLO DE PAÍS !















