ruxe ruxe rock do país

Decembro 20th, 2011

Pois por fín temos o disco novo acabado.

E que vos podemos decir del ?

Pois que estamos encantados co resultado. Que non sabemos se vos prestará moito, pouco ou nada. Que non temos idea do que ides sentir cando o escoitedes e que nós aínda non somos quen de sacar o sorriso da cara cada vez que pensamos no ben que o pasamos estando xuntos … tocando, falando, discutindo, compoñendo, arranxando e gravando cada nota de cada canción.

Foron meses de compartir vida, emocións e infinidade de fermosas sensacións de amizade e música e que aló van de cheo para a nosa «pequena colección de ideas cativas» como OS MELLORES, máis sanos, máis auténticos, proveitosos, fermosos e felices momentos da historia de ruxe ruxe.

Como seis recén namorad@s  ¡!!

… e sen esquecernos de tod@s @s que andiveron arredores de nós mentras cociñamos o disco … sen elas e eles abofé que esa felicidade non sería tan enorme como foi :)

Así que … así vos preste moito ou non vos preste nada … o noso premio foi facelo e iso xa o temos metidiño na faltriqueira.

Das cancións … pois que aí van nelas anacos das nosas ialmas … e doutras ialmas que sabemos de certo que sempre nos acompañarán aló onde estén e que sempre nos alumearon e continuarán a alumear o noso camiño …

……

E que máis?

… pois que en nada anunciarémosvos a data de presentación para que ese día veñades a darnos esos aloumiños que tanto necesitamos … e que máis? … aaaaaih siiii ¡!!

… que aí vai o 1º videoclip de adianto :) aquelado polo mestre Pixelín e coa colaboración dun feixazo de mois bos amig@s ¡!!!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Deixa unha resposta

Olark Livehelp