Madrid
Novembro 2nd, 2011
E aló foi.
De novo concerto en Madrid con moooooita xente e moooooooita festa.
E moit@s galeg@s e moita morriña no ar.
Cada vez que tocamos en Madrid sempre temos a sensación de tocar na casa e esa sensación é doada de conseguir cando te atopas a unha grande parte do público cantando e ouveando as cancións do grupo de cabo a rabo.
Cantos galegos hai nesta sala? … e mi madriña os berros de resposta
Non foi o noso mellor concerto
pero unha vez máis será un dos que viaxa directo para o noso caixón das lembranzas máis fermosas.
Grazas xigantes a tod@s @s que alí estivestes dándonos vida … e tamén ENORMES grzas a Brendan e a toda a xente do Irish por tratarnos tan ben e querernos tanto
.
Da tortilla de Rueda mellor non falar
P.D. Piedra, Carlos, Diego, Nico, Iago, Gloria, Mónika, Olga, Elsa … sodes @s mellores compis de viaxe do mundo
non hai dúbida ¡!!! grzs tamén a vós por axudarnos tanto e enchernos o grupo de feixazos de horas felices …
………..
WARNING !!
O próximo finde derradeira sesión de mestura do novo disco.
A mediados de novembro primeiro videoclip de adianto.
En decembro decímosvos a data de presentación en directo.
Coma nen@s pequenos con xoguete novo
saúde a esgalla para tod@s

Novembro 7th, 2011 at 5:36 p.m.
Parabéns!!!!Pero bótasevos de menos na Galiza, pra cando o próximo concerto na Terra??
Novembro 9th, 2011 at 1:52 p.m.