traballando a sacho

Agosto 30th, 2011

Continuamos traballando a sacho.

O disco xa está case case rematado e o 12 de setembro comezamos as mesturas. Xa estamos desexando ver o resultado final con todo o poder de Javier Abreu producindo dende os estudios Océano.

Tamén vai avante toda a versión que estamos facendo de “afundido no lixo” de Skacha. Menudo temazo e canto nos está prestando traballar nel xunto con Iago Pico nos estudios Pousada Son. A canción irá nun recopilatorio homenaxe ós enormes Skacha (dúas décadas no é nada :) .

E tamén estamos preparando nos ensaios o novo repertorio para os directos da próxima temporada dándolle un bo lavado de cara :) .

Xa vedes que estamos entretidos  :) .


Chuzame! A Facebook A Twitter

Deixa unha resposta

Olark Livehelp