XIGANTES !

Xullo 23rd, 2011

Marchamos mañán (domingo 24) a compartir festa c@s Dorneir@s de Ribeira …

E falamos dunha das festas das festas :) … o que tal se monta arredores da Dorna somentes o sabe a xente que caeu por alí a alucinar e disfrutar dese tremendo equinosio, que diría un ghrande músico e ghrande persoa daquelas terras :)

Así que aí che estamos, agardando que chegue o domingo canto antes e poñendo todo a punto para ese concerto no que ademais estaremos compartindo escenario con Costas, o mellor cantante do mundo :)

Daquela aló lle estivemos ensaiando o repertorio onte pola noitiña entre tróspiros, bombóns e unha tarta ben rica que trouxo Elsa. E tocámoslle o “cumpleanos feliz” a Mónika (culpable dos tróspiros e os bombóns :) ), e botamos uns cantos demonios fóra, e rimos, e compartimos enerxía positiva a eito …

Un día falaremos neste cortelho desa sensación de facer o mellor ensaio do grupo dende que existimos. Pásanos unha vez cada certo tempo, disfrutámolo como se estivésemos tolos, coas mentes en branco e a enerxía campando ó seu antoxo polas nosas ialmas e os nosos corpos … e despois sempre temos a sensación de que vai ser dificilísimo de superar :) … o de onte está entre os primeiros pero abofé que o superaremos :) ¡!!

Tamén tivemos unha pequena mala nova arredores da saúde do máis grande dos grandes … que nos escoita todas as noites e nos apoia eterna e incondicionalmente dende que o grupo existe … pero somentes foi un pequeniño susto e xa todo volta a estar no seu sitio … que é o sitio no que ten que estar :) ¡!! Fooooooooooooooooorza ¡!!

…..

E sí !! grazas compañeir@s … sodes fodidamente grandes … dende este curruncho aínda non sabedes ben o xigantes que se vos vé !

……….

Estamos preparad@s … agárdanos a Dorna !


Chuzame! A Facebook A Twitter

One ResponseXIGANTES ! to “”

  1. Kimberly Says:

    Excellent post. I will be on festival. Thanks

Deixa unha resposta

Olark Livehelp