Laura ten 7 anos e o seu estuche está cheo de lápices de cores
Xa vos podedes imaxinar a ilusión que nos fai ver este debuxazo
Laura ten 7 anos e o seu estuche está cheo de lápices de cores
Xa vos podedes imaxinar a ilusión que nos fai ver este debuxazo
dende xá ENTRADAS ANTICIPADAS para o concerto de presentación do novo disco (ruxe-ruxe + medomedá na sala capitol o sábado 31 de marzo de 2012) …
colle a túa por 5E … ou 10E entrada + vale CD
en Compostela: A REIXA TENDA / O TRASGO / MALAS PÉCORAS / J DE JOKER
e tamén en internet na nosa tenda oficial: OPLUP.COM
non quedes sen ela !!! que abofé que se van esgotar en nadiña
Aviso a naveghantes !!!! finalmente presentación mundial do novo dos ruxe na sala Capitol en Compostela o sábado 31/03/2012 … RUXE-RUXE + MEDOMEDÁ … en nadiña entradas á venda nos pontos habituais: 5E entrada anticipada / 10E anticipada + CD e 12E entrada + CD na billeteira da sala o día do concerto …
Pois por fín temos o disco novo acabado.
E que vos podemos decir del ?
Pois que estamos encantados co resultado. Que non sabemos se vos prestará moito, pouco ou nada. Que non temos idea do que ides sentir cando o escoitedes e que nós aínda non somos quen de sacar o sorriso da cara cada vez que pensamos no ben que o pasamos estando xuntos … tocando, falando, discutindo, compoñendo, arranxando e gravando cada nota de cada canción.
Foron meses de compartir vida, emocións e infinidade de fermosas sensacións de amizade e música e que aló van de cheo para a nosa «pequena colección de ideas cativas» como OS MELLORES, máis sanos, máis auténticos, proveitosos, fermosos e felices momentos da historia de ruxe ruxe.
Como seis recén namorad@s ¡!!
… e sen esquecernos de tod@s @s que andiveron arredores de nós mentras cociñamos o disco … sen elas e eles abofé que esa felicidade non sería tan enorme como foi
…
Así que … así vos preste moito ou non vos preste nada … o noso premio foi facelo e iso xa o temos metidiño na faltriqueira.
Das cancións … pois que aí van nelas anacos das nosas ialmas … e doutras ialmas que sabemos de certo que sempre nos acompañarán aló onde estén e que sempre nos alumearon e continuarán a alumear o noso camiño …
……
E que máis?
… pois que en nada anunciarémosvos a data de presentación para que ese día veñades a darnos esos aloumiños que tanto necesitamos … e que máis? … aaaaaih siiii ¡!!
… que aí vai o 1º videoclip de adianto
aquelado polo mestre Pixelín e coa colaboración dun feixazo de mois bos amig@s ¡!!!
E aló foi.
De novo concerto en Madrid con moooooita xente e moooooooita festa.
E moit@s galeg@s e moita morriña no ar.
Cada vez que tocamos en Madrid sempre temos a sensación de tocar na casa e esa sensación é doada de conseguir cando te atopas a unha grande parte do público cantando e ouveando as cancións do grupo de cabo a rabo.
Cantos galegos hai nesta sala? … e mi madriña os berros de resposta
Non foi o noso mellor concerto
pero unha vez máis será un dos que viaxa directo para o noso caixón das lembranzas máis fermosas.
Grazas xigantes a tod@s @s que alí estivestes dándonos vida … e tamén ENORMES grzas a Brendan e a toda a xente do Irish por tratarnos tan ben e querernos tanto
.
Da tortilla de Rueda mellor non falar
P.D. Piedra, Carlos, Diego, Nico, Iago, Gloria, Mónika, Olga, Elsa … sodes @s mellores compis de viaxe do mundo
non hai dúbida ¡!!! grzs tamén a vós por axudarnos tanto e enchernos o grupo de feixazos de horas felices …
………..
WARNING !!
O próximo finde derradeira sesión de mestura do novo disco.
A mediados de novembro primeiro videoclip de adianto.
En decembro decímosvos a data de presentación en directo.
Coma nen@s pequenos con xoguete novo
saúde a esgalla para tod@s
Este sábado tócalle tocar ¡!!
Aló nos marchamos ata a de Mario Zenzar ou o que é o mesmo: ruxe-ruxe no Badulake ¡!
O Badulake é unha das capelas do rock do país e xa fai tempo que non misamos alí
… aínda lembramos un concerto que demos alí no século pasado cunha colaboración dos «ghamberros» na porca miseria que meteu medo
…
ruxe no Badulake !!!
Indo dende Aríns namais chegar a Ordes na primeira á esquerda.
Ímoslle tocar unas cantas do disco novo e abofé que será unha noite moi especial
.
tades avisad@s !!
xa sabedes nen@s … se queredes alí nos veremos ¡!!
FORZA BADULAKE, FORZA MARIO, FORZA ZENZAR !!
Sempre é unha honra ben ghrande visitar ós amigos.
Pois si xente !!! dende agora teremos un bandcamp na internet !!! Outra ferramenta informática coa que poderás achegarte á discografía do grupo, escoitala e incluso descargar de balde moita dela !!!
Iremos poñendo a nosa música para que vós poidades disfrutar dela cando vos preste … non todo, pois nalgúns casos non temos os dereitos de todos os discos e noutros pois pq hai pezas inéditas que se gravaron nalgún momento da historia do grupo e que decidimos que as iremos soltando pouco a pouco co paso dos meses
aí vos queda !!! saúde e rock and roll !!!
CLICKADELLE AQUÍ !!!
Continuamos traballando a sacho.
O disco xa está case case rematado e o 12 de setembro comezamos as mesturas. Xa estamos desexando ver o resultado final con todo o poder de Javier Abreu producindo dende os estudios Océano.
Tamén vai avante toda a versión que estamos facendo de “afundido no lixo” de Skacha. Menudo temazo e canto nos está prestando traballar nel xunto con Iago Pico nos estudios Pousada Son. A canción irá nun recopilatorio homenaxe ós enormes Skacha (dúas décadas no é nada
.
E tamén estamos preparando nos ensaios o novo repertorio para os directos da próxima temporada dándolle un bo lavado de cara
.
Xa vedes que estamos entretidos
.
Fixémoslle onte á noite unha visita ós nosos amighiños DESEQILIBRIO MENTAL (con q e sen u)
…
Alí estivemos escoitándolle o ensaio do seu directaso e de paso algunha peza nova que mooooito nos prestou
.
Tamén lle sacamos unha foto, botamos unas parrafadas con eles, bebemos uns refrixerios, rimos a cachón e pasamos co coche pola Casalonga … ah!! e tamén demos un paseo para que nos dera o aire de Cornide
¡!!
DESEQUILIBRIO MENTAL MOLAN ¡!
Pois aquí estamos de volta despois dunha finde ben intensa por terras de Cantabria.
Recén chegados despois dunha boa furgonetada e botando por fóra lembrando un feixazo de bos e inesquecibles momentos.
E temos que darlle unhas infinitas grazas á xente do Sauga por contar con nós para tan emblemático festival e tamén por tratarnos tan ben, darnos tantos folgos e crer tanto en nós
.
A verdade é que este verán está sendo moi especial para nós e no Sauga Folk, en Colindres, cando escoitamos a un montón de xente que vive a tropecentos kilómetros de Aríns cantando as nosas cancións pois xa podedes imaxinar a cara que se nos quedou
.
Enorme xente !! Enorme Colindres !! Enorme Cantabria !! Enorme Sauga Folk ¡!
Nin a choiva poido con vós
!
O mundo e dos bos e xenerosos ¡!
Continuaremos a compartir vida e a compartir emocións ¡!!
Grzs infinitas irmáns e forza para que polo menos sexan outras XVII edicións ¡!
Este sábado día 20 de agosto tocamos en Colindres (Cantabria) na XVII edición do mítico e espectacular SAUGA FOLK …
Se vos pilla preto animádevos
a disfrutar dun cartelazo de primeira, dos ruxe e dun anaco do mundo ben fermoso, máxico e cheo de encanto !!
alí vos agardamos xente !!!
veeeña
Para que ninguén se sinta molesto pola nosa opinión sobre Europe !!! non decimos nada e andando
…..
E por certo, aquí vos deixamos o cartaz das festas de Aríns …
… a ver cando en Aríns se animan a facer un festival ? carallo ¡ !
Nós obviamente non queremos tocar alí que xa bastante fan con aturarnos ao longo de todos estos anos
pero si que estamos dispostos a botar unha man na organización ou no que faga falta ¡!!
E que ninghén se meta con Aríns eh ¡!
Aríns mola ¡!
Carallo ¡! que festasas
Ostras ¡!! Vaia festón que se montou no Brincadeira ¡!!
Menudo alucine ver aquela carpa de circo chea ata a bandeira ás 4 da mañán
Dámosvos as grzs a tod@s e cada un/unha de vós por compartir con nós unha desas noites máxicas que quedarán marcadas a ferro e lume no noso sistema emocional para sempre
Foi espectacular tervos alí dándonos folgos e enerxía ¡!!
Menuda honra ¡!
Grzs xente … grzs Brincadeira ¡!!
Francamente noites como a de onte deixannos emocionados e sen palabras ¡!!
Continuaremos na loita
… con noites así vaia se continuaremos ¡!!
SEMPRE ADIANTE ¡!!!
pois que queredes que vos digamos ?
EEEEEEEEEEEESPECTACULAR !!
e RUXE-RUXE o venres (3.30) en horas de vampir@s e homes e mulleres lob@ !!
vinde ouvear con nós
non volo perdades … HISTÓRICO BRINCADEIRA en Ordes !!!
Triunfar é lograr facer o que queremos e como nós queremos. Disfrutar de cada minuto envoltos en paz e felicidade. Trazar liñas e mapas cara un tempo sempre mellor. Chegar raudos e fascinados cada día á nosa cita na hora do recreo. Triunfar é compartir ese sorriso que nunca nos cabe naquelas catro paredes.
Levou tempo pero xa podemos decir que triunfamos.
Que bo o Festival Folk & Rock das Portelas en Lubián (Zamora).
Lubián é francamente espectacular. Un anaco de paraíso e ademais un reducto do galego. Canto presta escoitar ese galego con ese sotaque por aquelas terras. E como presta o verde, a pedra e a auga que nace en cada curruncho. Un PARAÍSO !!
….
Parabéns polo festival amigh@s e grzs pola vosa hospitalidade e trato. O mundo é dos bos e xenerosos. Estamos en débedas con vós. Foi unha finde inesquecible que vai direitiña para o caixón dos días felices
.
En canto ó concerto decir que estivemos caralludos … aínda que non quede ben que o digamos nós
… e o pogo que se montou diante do palco … mi madriña !!! …
grande Lubián, grande terra, grande xente !!!
O concerto previsto para o venres 5 no Milladoiro (Ames) está suspendido por parte do Concello. Agardamos que pronto se nos comunique unha nova data onde celebralo.
……….
Daquela para vernos en directo nesta finde invitámosvos a que veñades a acompañarnos a LUBIÁN onde tocaremos o próximo sábado 6 na compaña de Brañas Folk no VII Festival Folk&Rock nas Portelas na praza da Horta dos curas de Lubián (Zamora) …
… e así de paso que disfrutades da música tamén disfrutades dese anaquiño de paraíso que tan ben se conserva alí naquelas terras
… espectacular !!!!
alí vos agardamos !!!!
saúde a esgalla para tod@s !!
Foi unha fermosa noite. Ubicación perfecta. Pinos e arrencendo a mar Rianxeiro. Equip@ de son excelente. Organización e producción de luxo.
ANTROSPINOS xa é por mérito propio unha das grandes citas do verán musical do país e abofé que a cousa aínda irá a moito máis
tendo en conta a calidade persoal da xente que traballa detrás do festival. Grzs a tod@s e cada un de vós por argallar tremendo evento e tremenda festa para compartir con tod@s nós.O mundo e dos bos e xenerosos
Unha noite chea de amizade, de música e de enerxías positivas a eito.
E Che Sudaka inmensos. E os nosos irmáns ULTRAQANS absolutamente espectaculares e soando a deus bendito. E os tamén irmanciños DZ selectors poñendo pementa á estrelada noite en Taragoña e picando discos e zarandeando en tod@s nós para que ninguén se durmira ate que o sol alumeara.
E o Leo e o Markinhos compartindo con nós a Porca Miseria … e tod@s @s que alí estivestes bourando, suando e berrando con nós … GRZS sentidas e enormes !!!
… vémonos polo mundo adiante !!! non nos faltedes nunca !!!
1000 anos máis de festa para o ANTROSPINOS !!!
Older Entries Páxina seguinte »
Olark Livehelp